February 2012
2 posts
1 tag
croc
Gonzalo non o podo eu facer todo
pídoche por iso que sexas ti quen se ispa quen deixe de ser francesca luxembourg mary luxembourg e quen empregue esa túa carraxe, fermosa, impostada pra máis baixos e elevados fins
como por exemplo beber ou sentar nun pelouro e arrincar entre os dedos descoida da e alea toriamente unha folla de herba
sen por iso mentar os pais nin os pais dos pais...
January 2012
1 post
Sodes moi riquiños, pero non sodes heroes
– Vilachán, antes coñecido como Plattdorf.
December 2011
5 posts
November 2011
7 posts
We always carry a bottle of vinegar in our car, here, at the gear (…)...
– A couple in their sixties. BBC Four. Tales from the National Parks. The Peak District.
March 2011
5 posts
2 tags
22 - A derrota dos conos, as esferas e os humanos
O Monstro metálico de A. Merritt Este libro é espectacularmenre interesante. Tanto os mundos que describe, como a propia historia, que vai cara atrás ata os tempos das tribos perdidas de Xerxes, e cara adiante a un imperio tecnolóxico de esferas e conos movidos directamente pola enerxía solar, son proba dunha imaxinación total e galvanizante. Mesmo a curiosa relación coas que a princesa/raíña...
2 tags
21 - O máis incrible documental de onte, ou de... →
4 tags
1 tag
February 2011
1 post
1 tag
Where did you learn that?
– David, de Wishaw, certificando que este país ten un problema moito máis serio có dos vascos.
January 2011
4 posts
1 tag
Madre mía
– Tabish, un mozo nado en Paquistán, logo de deitarme uns centilitros de auga e proteínas sobre o ventre.
1 tag
16 millas
Levamos dous meses cubertos de neve e xeo. Cando despois de tanto tempo o pesado e perigoso veo branco empeza a esfariñar, opto por facer en bici unha boa ducia de millas. Saio ao caer da tarde, e cando me adentro pola estreita pista que vai de Cowie a Airth, o escuro é xa total: só é branco o brillo alongado do foco sobre a estrada, ao refletirse na capa de xeo e neve que alí se conserva, sen que...
Charles Sands sat at a table in the enormous bay window of the hotel cocktail...
– Alan Clements. Rogue Nation (2009). p. 158.
One of the most salient features of our culture is that there is so much...
– On bullshit de Harry G. Frankfurt, Princeton University Press: Princeton & Oxford, 2005 (p. 1) — via http://todonada.tumblr.com/
1 tag
14 millas
Historia local. Iaşi é unha cidade do tamaño de Vigo, na fronteira entre Moldovia e Romanía, coñecida por moitas cousas e, entre elas, o progromo de Iaşi, onde máis de 13.000 xudeus foron executados. Era o ano 1941. Cincuenta anos despois naceu Sorin, e sesenta e nove anos despois Sorin aproveita pra facer un ídem mentres miña nai baixa á perruquería e a cambiar uns agasallos de Reis.
The chicken is ruined! Bone dry!
– Exit Wounds, by Rutu Modan
1 tag
12 millas
Non sei onde estará agora emereci exactamente. Quizais non demasiado lonxe de Hiderabad. Shravan, entroques, non está demasiado lonxe de nós. Estanos contando que o seu mozo anterior o deixou porque só quería sexo e Shravan buscaba algo máis. E cando o di toma un grolo máis de té e mira pra nós. Nós esperamos que marche pra poder cear tranquilos.
1 tag
10 millas
Cea de fin de ano. Salmón noruegués. Sursild (arenque en vinagre). Caviar de salmón. Paté de cangrexo. Queixo noruegués ao allo. Sopa de garavanzos con touciño. Chocolate. Uvas de Nanibia (sic). Pan. Auga da billa.
9 millas
Skugga-Baldur. Que pracer ler esta xenial novela islandesa de home-persegue-raposo-pola-neve cando o avión sobrevoa a costa meridional de Noruega.
December 2009
8 posts
1 tag
8 millas
Despois de ler Cousas de homes, o último de König, o balance é 5 sorrisos e 1 gargallada. Nada comparado aos xenerosos risos dos tempos idos. Algún dos dous, el ou eu, estamos a facernos vellos. Ou os dous.
1 tag
1 tag
6 millas
A historia das Serpes cegas está ben, e supoño que pra moitos públicos eses contos de mercenarios estranxeiros na guerra civil española resultan novos e mesmo sorprendentes. A ilustración, por se hai alguén que poida separala do texto, é igual de boa e, ao mesmo tempo, igual de corrente. Por demais, é difícil que unha tradución coma esta teña tantísimas zocadas: quizais a próxima vez merque a...
1 tag
Zé de un zitio detrá del aguaparc, en un camino.
— ¿Y no nos quedaremos...
– E aló no olivedo que está por detrás do zoo de réptiles, no capó do seu ibiza prata (outro ibiza prata), eu termáballe dos nocellos en alto e o meu chaval facía o resto. Ou cambiábamos.
1 tag
4 millas
Pódese ler literalmente, como a historia de amor de dous corpos que se separan. Pódese ler tamén intentando encaixar as metáforas nas guerras dos Balcáns, nas cosovas, nas serbias doutro e deste tempo. En calquera deses dous casos, a lectura é barullenta, enlamada, con momentos épicos tan brillantes coma escasos. O accidente é o libro de Kadaré que máis me levou rematar.
1 tag
1 tag
2 millas
Quedamos un pouco máis xuntos, tomando té. El logo tiña que coller un tren pra ir á graduación da irmá, pero quedáranlle vinte minutos mortos. Confundinme ao servirllo e ao final tiven que tomar té eu tamén, pra non estragalo: alí estabamos os dous en cadanseu sillón, cunha cunca de té nas mans e o silenzo.
Porque Calum, que estuda guitarra rock e é dunha aldea próxima, non fala. Só de cando en...
1 tag
November 2009
1 post
1 tag
start
O primeiro post sempre é algo do que arrepentirse. Damn it!